Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
UNHA FERMOSA PANoRÁmica de Santiago A senda mitolóxica transformou por completo a apariencia deste enclave natural // A ruta conta cunha app, ‘O Misterio do Monte Viso’, que ofrece unha experiencia dixital para os cativos TEXTO Pedro Brea

Monte Viso: do abandono ao lugar de moda en Compostela

A capital galega está rodeada de montes polos catro costados: o Pedroso, a Almáciga, o Monte do Gozo ou o Monte Deus, entre moitos outros. Uns deles atópanse integrados na cidade, mentres que outros ofrecen unha perspectiva da mesma dende a lexanía, dos que destaca considerablemente o Viso, xa que ningún dos anteriores posee unha visión tan despexada de Santiago. Hai apenas tres anos, o devandito monte, situado ás aforas da cidade de Santiago, só era frecuentado por ciclistas, runners e sendeiristas, xa que o estado no que se atopaba dificultaba notablamente o tránsito e restrinxía o paso a tan só unhas poucas pistas forestais que daban acceso á cima dende a cara norte maila sur. Este alto sempre ofreceu unha das panorámicas máis bonitas da cidade de Santiago, xa que cos seus 400 metros de altitude, permite contemplar á perfección tódolos rincóns compostelás.

A transformación do Viso foi espectacular, xa que en apenas uns meses de chapa e pintura, pasou dun estado de abandono case xeralizado a unha das maiores atraccións turísticas naturais da capital e arrededores. Así pois e grazas a un proxecto denominado Senda Mitolóxica, este espazo natural converteuse no fogar da mitoloxía galega, todo a partir da creación dunha ruta a pé que discorre pola falda do Viso e ascende aos poucos ata chegar ao cumio do mesmo.

Senda mitolóxica. Aberta a finales do pasado ano, esta intervención por parte do Concello no Viso supuxo un antes e un despois tanto para a zona como para a cidade, xa que o Monte pasou de ser só frecuentado por uns poucos a acoller a centos de persoas á semana, ata tal punto que un proxecto que ía a ser só temporal, voltouse en indefinido. A Senda Mitolóxica naceu da colaboración don Concello co artista local J. M. Méndez, que foi o encargado de deseñar tódalas figuras coas que conta a ruta. Deste xeito, creáronse u nnha serie de pistas para recorrer a pé ou en bicicleta e coas que coñecer á vez un dos montes máis fermosos de Santiago e ás principais figuras da mitoloxía galega. Deste xeito, no Viso, e polo de agora, podemos atopar aos seguintes personaxes: a Meiga, o Trasgo, os Biosbardos, o Urco, os Mouros, a Lamia, a Coca, o Nubeiro, o Gatipedro, a Breogán maila Moura. Estes son os principais atrativos da Senda, pero non serán os últimos, dado que non se pechou a porta á inclusión de novas figuras. Visto o éxito que acadou esta iniciativa do Concello, dende o Consistorio implataron novas formas para atraer aínda a máis xente e facer que os cativos e cativas disfruten aínda máis se cabe a experencia do Monte Viso.

APP 3D. Visto o gran éxito que tivo a iniciativa, dende a súa apertura o 18 de decembro, buscaronse novos alicientes para aumentar máis se cabe a afluencia de visitantes á zona. Deste xeito e dende a alcaldía da cidade de Compostela puxeron en marcha o desenvolvemento dunha aplicación dixital para aumentar o goce dos nenos e nenas que visitan a Senda. Así, O Misterio do Monte Viso, supuxo unha revolución do turismo a este punto, xa que grazas a esta app, todo aquel neno que visite a zona poderá enfrontarse a unha serie de desafíos e misterios que lle permitirán coñecer aos personaxes maila contorna dun xeito lúdico e ameno. Esta posibilidade entrou en vigor o 19 de xuño e dende aquela xa son moitos os pequenos e pequenas que coñeceron á malicia do Urco ou a heroicidade de Breogán en tres dimensións. O funcionamento do xogo e moi sinxelo, xa que tan só se necesita un teléfono móbil coa aplicación descargada e que poida ler os códigos QR que se atopan nas figuras.

Relieve. A Senda Mitolóxica do Monte Viso conta cunha duración de alrededor dunha hora de percorrido se se realiza a pé. Cabe destacar que a orografía da ruta non é complicada pero si que existen zonas cun desnivel bastante amplo e esixente, polo que se desaconsella acudir con persoas que non gocen dunha boa saúde ou con carritos de bebés. A cima atópase a uns 397 metros de altitude, marcada por un punto xeodésico. Esta zona conta cuns bancos que permiten gozar dunha vista privilexiada de Compostela. No referente ao aparcamento, este é moi sinxelo, xa que hai espazo de abondo para deixar o coche. A chegada ao Monte Viso faise pola parte traseira da Cidade da Cultura, onde tras cruzar un viaducto que supera a AP-9 e coller a segunda saída na rotonda que o segue, xa se pode ver a zona de aparcamento que o propio monte ten na parte máis baixa da súa falda e onde se inicia a ruta.

O Monte Viso en apenas seis meses sufreu un antes e un despois na súa imaxe e no que ao número de visitantes se refiere, xa que agora é un dos lugares preferidos dos picheleiros para contemplar a cidade, para ir a pasar un día en familia, facer deporte e, incluso, para contemplar os lumes do Apóstolo.

Non está prevista a reparación do Nubeiro

··· A Senda Mitolóxica do Viso conta actualmente con 11 figuras que representan a personaxes de lendas galegas e non está previsto engadir ningún máis. Tal e como puido saber este medio tras falar co artista das mesmas, “non está pensado incluir máis pezas ao percorrido, polo menos ata as datas de Nadal, cando se fai o aniversario da devandita senda”.

··· Por mor do vandalismo varias figuras foron danadas, así como o Nubeiro maila Coca, pezas que non está previsto que se arreglen. Segundo J. M. Méndez, “conmigo aínda non se puxo en contacto ninguén”.

24 oct 2021 / 00:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito