Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
8 DE MARZO. En medio dunha pandemia que nos invadiu xusto hai un ano, con polémica incluída sobre as manifestacións, diferentes perfís femininos da cidade explican a súa traxectoria profesional e como tiveron que enfrontarse a situacións de dificultade, as cales conseguiron superar TEXTO Andrea Oca

Mulleres de Compostela: os rostros daquelas que romperon o ‘teito de cristal’

A uns días do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, son moitas as mulleres de Compostela destacadas nos seus ámbitos. Algúns, como o da Policía, están día a día nas rúas desde o comezo da pandemia, e diso pode dar boa fe a inspectora Diana Parente. Os sanitarios, como a doutora Manuela Camino, tiveron que loitar coa saturación hospitalaria e tentar que a situación ocasionada polo COVID non repercutise no funcionamento doutras áreas do hospital.

A situación sanitaria non só mudou a rutina de moitas delas, senón que lles repercutiu directamente en canto a ingresos económicos. É o caso das Tanxugueiras, un grupo integramente feminino que tivo que deixar moitos concertos no aire. Para outras, como Berta Dávila, o confinamento valeulle de inspiración para a súa última novela. Son só un reflexo da sociedade compostelá, formada tamén por todas esas limpadoras que nos atopamos a diario; polas caixeiras e repoñedoras do supermercado ou das tendas de barrio; a das praceiras do Mercado de Abastos ou a das panadeiras que cun sorriso nos deron o pan nesas saídas que daban vida.

Co gaio do 8-M, os grupos da corporación municipal lerán un manifesto este luns, e durante toda a semana haberá diferentes actividades adicadas a autoras tan relevantes como Xohana Torres, Emilia Pardo Bazán, Rosalía de Castro ou Exeria; e debatiranse os roles de xénero.

“O de inspectora era o posto ao que sempre quixen chegar desde que comecei na Policía Local”
Diana Parente
Inspectora Policía Local

Santiago. Un dos colectivos que leva en primeira liña desde que comezou a pandemia é o das forzas de seguridade. Primeiro, sendo as únicas testemuñas das rúas baleiras e, agora, coidando de que todos os veciños cumpran rigorosamente as medidas sanitarias. Unha das cabezas pensantes de todos eses operativos na cidade é Diana Parente, inspectora da Policía Local, a única en Santiago e unha das poucas en Galicia.

O seu ascenso a inspectora, o posto que sempre quixo desde que comezou na Policía, conseguiuno vía oposición xusto cando comezou a pandemia. Previamente, encargouse de tarefas de formación e de prensa na Policía, e agora é a responsable de coordinar a operativa diaria. Pero o ascenso non foi o único cambio que viviu nos últimos meses: “Cando se anunciou o concurso público xusto acababa de enterarme de que estaba embarazada e, por riba, cun embarazo de risco”, explica Diana. Agora, co seu neno na casa e co seu posto desexado, recorda a dura preparación que realizou ata chega a acadar a mellor puntuación na fase de oposición. “Naquel momento foi unha satisfacción máxima”, recorda.

“Agora que xa estou asentada como inspectora teño que preparar a orde de servizo. Preparo as ordes para executar no turno”, relata. Agora, máis centrada nas labores de oficina, recorda como eran eses días de solitaria patrulla durante o confinamento, no que os aplausos diarios ás 20.00 h nas ventás lle parecían realmente emotivos porque eran os únicos contactos que tiñan cos cidadáns. “Sentiamos gratitude, algo que no día a día non sempre ocorre”, conta con orgullo. Como membro da Policía Local, quere defender o labor que ela e os seus compañeiros fan para o cumprimento das normas da COVID, e tamén “como facilitadores da convivencia cidadá, como pais de familia, sabendo que ten consecuencias o feito de non cumprir as normas de convivencia”, afirma. Contentos co comportamento xeral da poboación, Diana pídelle a todos un esforzo para evitar a propagación do virus.

“Fun facendo o meu camiño, gañando máis lectores e espazo”
Berta Dávila
Escritora

Santiago. A escritora compostelá Berta Dávila é unha das firmantes do libro conxunto Libres e vivas, unha publicación escrita por autoras en galego. “Permite achegarse a escritura de distintas mulleres, como nos configuramos como parte da literatura”, explica a autora, quen engade que este sector non é un espazo no que as mulleres teñan superado o chamado teito de cristal: “É un entorno moi masculinizado, as cifras de publicacións de narrativa indican que sete de cada dez libros en Galicia son escritos por homes”.

Ela, que se sinte moi afortunada por ir facendo pouco a pouco o seu camiño, e ir ganando lectores e espazo, vén de gañar o Premio de Narrativa Breve Repsol por Illa Decepción, o seu último libro. Un premio que se suma ao Premio de la Crítica por Carrusel ou ao Premio de Novela Manuel García Barros, polo mesmo título. Illa Decepción é un deses títulos nacido no confinamento: “Parte dun libro sobre as casas nas que xa non vivimos, o cal estaba corrixindo, sendo unha escritora corrixindo unha novela nun momento no que o símbolo das casas se resignificaba. Entón púxenme a escribir esta historia dunha escritora mentres está pechada na súa casa, coa conciencia de que a literatura era unha especie de illa na que poder estar”, conta Berta sobre o seu libro. Unha obra na que, ademais, a cidade de Compostela ten moito peso.

Un libro en galego, lingua que reivindica como arma de creación que debería ter máis peso nas librerías e na prensa. Sobre a necesidade de seguir reivindicando os dereitos das mulleres o 8M, pensa que “na medida na que temos unha sociedade desigual profundamente, e con teitos cristal notorios para as mulleres, con situacións problemáticas para as mulleres no eido dos coidados ou a conciliación, que recaen sobre nós, segue sendo necesario erguer a voz”.

“Temos moi claro de onde vimos. Galicia é matriarcal aínda que nos dixesen o contrario”
Olaia e Sabela Maneiro, e Aida Tarrío
As Tanxugueiras, grupo musical

Santiago. Agora que vén a noite, vén a nosa alegría, a tristura vai pr’o amo, que se lle acabou o día. Sen pesetas nen centavos eras un home sagrado, agora que estás cheo deles non che quere nin o gando...

Estas liñas son parte da letra da nova canción das Tanxugueiras. Chámase Midas e converteuse en todo un éxito desde que saíu á luz hai unhas semanas. As tres rapazas que forman este grupo, as irmás compostelás Olaia e Sabela Maneiro, e a ribeirense Aida Tarrío, nunca pensaron que chegarían tan lonxe. Fieis a eses ritmos que mamaron desde pequenas, arraigadas profundamente á música galega e ao amor pola súa terra, son xa un referente actual en canto a música tradicional.

Mais, lonxe de quedarse na zona de confort, experimentan cos ritmos tradicionais mantendo o respecto pola tradición galega. A mellor mostra é Midas, que tal e como definen as irmás Maneiro “foi un salto, nun momento no que nos sentimos máis empoderadas, máis capaces de producir temas, de chegar coa nosa música a todo o mundo. E, especialmente, temos que dar as grazas o soporte que temos cos nosos produtores, que confían no proxecto”, explican. Malia a confianza que teñen elas mesmas e a xente que as rodea, confesan que non esperaban a acollida que tivo esta nova canción.

Parte do seu éxito radica nos valores que queren transmitir á xente moza. Tal e como explica Sabela Maneiro, “temos moi claro de onde vimos e de onde somos. Somos pandereteiras, a pandeireta é matriarcal, e Galicia é matriarcal, aínda que nos quixesen dicir o contrario. Temos esa responsabilidade co público máis mozo: o empoderamento das mulleres”. Neste sentido, explican que as mulleres teñen que traballar máis que un home, e consideran que o patriarcado dana tanto ás mulleres coma aos homes con ese estereotipo de “home duro que nunca chora”. No campo da música, afirman que a verdadeira complicación que tiveron que afrontar para entrar nos circuítos musicais foi o idioma, xa que consideran que a música tradicional está moi estigmatizada. E por iso pensan que é tan relevante xogar coa música tradicional, experimentar e exportar co tradicional, “que é noso”.

Adicadas a tempo completo á música, a pandemia impediulles facer todas as actuacións desexadas, mais puideron actuar moito máis que outros músicos, polo que agradecen aos concellos ese apoio. Unha desas actuacións memorables foi na Praza da Quintana. Ademais, os meses de confinamento servíronlles para pararse e analizar, e de aí naceron éxitos como Midas. Iso si, advirten, teñen moito gardado para o futuro. Á espera de que a música en directo con público presente devolva un chisco de vida ao sector musical, Olaia pide un esforzo das institucións cos intermediarios, como as axencias “que tanto suman na industria, que están ao pé do canón, mantendo empregados, e que son tan importantes para os músicos”. As Tanxugueiras, pola súa parte, seguen formándose e experimentando coa música, “buscando sonoridade, traballando duro, creando e adicándonos a isto que nos encanta”.

A mensaxe final diríxena a todas esas rapazas que soñan con conseguir algo, con vivir do que lles fai feliz. Recordan que elas son tres mulleres, que empezaron nunha furgoneta a ensaiar, pandereteiras e cantareiras, “o combo completo”. Por iso, conclúen pedindo que ninguén permita que lle digan que non vai chegar a nada, por ser muller ou por adicarse á música tradicional, que loiten polos seus soños. E animan especialmente ás mulleres e que, no eido musical, poden contar coa axuda das Tanxugueiras.

...Sen pesetas nen centavos eras un home sagrado. Agora que estás cheo deles, non che quere nin o gando.

“Fuimos pioneros en tratar niños tan pequeños, que antes morían”
Manuela Camino
Jefa de Unidad de Trasplante Cardiaco Infantil en el Hospital Gregorio Marañón

Santiago. Dice el cantante de blues compostelano, y residente en Alemania, Marcos Coll que uno no es de dónde nace sino de dónde estudia cuando es pequeño. La doctora Manuela Camino, jefa de Unidad de Trasplante Cardiaco Infantil en el Hospital Gregorio Marañón, nació en Cruces pero desde 6.º de EGB estudió en Compostela. Primero, en el instituto Rosalía de Castro y, después, en Nuestra Señora de los Remedios. Con dudas entre estudiar Periodismo o Magisterio, por su pasión por los niños, su madre le sugirió el campo de la Medicina, por el cual se decantó.

La prestigiosa Facultade de Medicina de la USC se convirtió en su segunda casa, y fue allí donde descubrió la que sería su pasión: la Pediatría. “La medicina te absorbe totalmente una vez que te metes”, explica la doctora mientras recuerda el momento en el que tuvo que dejar de lado su afición por la guitarra. Su buena nota tras realizar el MIR, le permitió mudarse a Madrid y empezar a trabajar en el Hospital Gregorio Marañón, donde se empezó a interesar por la cardiología pediátrica.

“También pasé por atención primaria un año, trabajando por las tardes en un centro de salud, pero por la mañana seguía yendo al Gregorio Marañón de forma voluntaria para ver el trabajo que hacían y seguir aprendiendo”. Antes de regresar a su querido Marañón, pasó por la Fundación Jiménez Díaz y por la unidad de Cardiología infantil en el hospital barcelonés San Juan de Dios. “Fue en 2001 cuando volví, en ese momento se estaba iniciando el programa de trasplante cardíaco, me parecían niños muy complicados y me llamaba la atención poder ayudarles”, cuenta esta pediatra con pasión sobre su especialidad.

“Siempre me han gustado los niños, acabas aprendiendo muchísimo de ellos”, reitera. Junto al resto del equipo médico, en el que destaca la labor del doctor Enrique Maroto, consiguieron que su unidad se haya convertido en un referente internacional en malformaciones cardíacas congénitas muy graves en niños muy pequeños, “que antes no se trataban al ser tan pequeños, morían y ya está, esa fue mi principal motivación”, asevera.

El resultado es poder estar en permanente contacto con familias que la acompañan durante tiempo, ya que no todo se termina con el trasplante de corazón. Al complicado periodo en lista de espera, “una fase durísima”, le sigue la operación y el seguimiento ambulatorio tanto del corazón como de cualquier otro problema. “Cuando cuidas a alguien es un cuidado integral, la medicina no es solo centrarse en un problema y mandar al paciente a casa, requiere una atención completa”, cuenta con vocación la doctora Camino. Ella es una de las responsables de ese seguimiento que se realiza con los niños y con las familias. Durante la pandemia, han podido continuar su actividad, por lo que agradece toda la labor de coordinación sanitaria, especialmente la realizada por la Organización Nacional de Trasplante, que mantiene a España año tras año como líder en este relevante ámbito.

Perteneciente a un campo en el que las mujeres han ido ganando terreno hasta convertirse en mayoría en las carreras de este ámbito, considera que todavía hay más hombres que ocupan puestos de responsabilidad. “Hay más mujeres en Medicina, pero en jerarquía todavía hay más hombres arriba. Debería ser todo más horizontal, y que las personas estuviesen en determinados puestos por su valía, por su capacidad gestora, y por nada más”, considera Manuela Camino.

04 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.