Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Múltiples actos de loita da man da xuventude

independentistas. Esta fin de semana os actos independentistas tiveron gran forza na capital galega coincidindo coa celebración do Día de Galicia.

Este sábado viuse un gran ambiente na Praza de Galicia onde pasadas as 18.30 horas comezaron a reunirse centos de grupos solidarios para poñer en marcha a cadea humana pola liberdade dos presos independentes polas rúas do casco antiguo. Entre os gritos escoitáronse diferentes frases como “defender la tierra no es un crimen”.

A maiores, os organismosBriga e Ceivar organizaron unha sesión vermú con comida solidaria e brindis pola absolución dos presos en Jaro, na rúa Algalia de Riba.

Segundo informou Xandre, da organización Briga víronse na obriga de ter que cancelar os concertos da xornada rebelión xuvenil que finalmente se pospuxo para o próximo mes de octubre debido ao aumento na incidencia de COVID. “Chegamos á conclusión de que o máis responsable pola nosa parte era adialo”.

A maiores, afirmou estar satisfeito polo traballo realizado durante a xornada do sábado. “No xantar a afluencia superou as nosas expectatitivas. A participación foi contundente e o comportamento da xente foi exemplar”, afirmou. redacción.

26 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito