Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Multitude de propostas no Open Day de Fairway

Rutas, música, escape rooms, talleres de ‘mindfulness’ e gastronomía protagonizarán o programa do domingo 7

Mentres se manteñen abertas as inscricións para todas as propostas que se desenvolverán no Palacio de Congreso, o IV Foro do Camiño de Santiago Fairway vai desvelando as actividades que se levarán a cabo do 7 ao 9 de novembro, todas ellas de balde, previa reserva na web do evento.

A última novidade é a programación do Open Day, do domingo 7, unha xornada na que abrirán as portas á cidadanía para que poidan descubrir todo tipo de destinos, empresas de servizos turísticos e outras propostas relacionadas co sector turístico.

O prato forte será o concerto de Xabier Díaz, que ofrecerá unha actuación en formato trío. A voz do músico coruñés complementarase cos acordes do acordeón de Roberto Grandal e a zanfona de Iván Costa. O seu concerto, que dará comezo ás 19.00 horas, servirá como broche de ouro.

Entre as propostas para todas as idades e gustos, destacará tamén a presentación de O teu camiñar, cun showcase a cargo da artista Carolina Rubirosa, unha das cantantes e compositoras de maior proxección de Galicia. Embaixadora da Ruta Xacobea, lanzará o videoclip que acompaña á canción oficial de promoción do Camiño Inglés, impulsado pola Deputación da Coruña.

Ademais, tamén haberá actuacións musicais, roteiros, propostas gastronómicas, diálogos ou actividades de lecer que centrarán a estrea da feira. Entre estas alternativas, ofrecerase un percorrido polo último tramo de distintos itinerarios a través da proposta I Camiño, que terá lugar entre as 09.30 e as 13.30 horas.

Dada a excelente resposta rexistrada na anterior edición, regresarán os Escape Rooms, que se desenvolverán nos sotos do Palacio de Congresos. En grupos máximos de oito persoas (10.30, 11.30, 12.30, 13.30, 16.30, 17.30 e 18.30), terán que descubrir todos os segredos que esconden as antigas pertenzas dun misterioso peregrino.

E para aquelas persoas que prefiran relaxarse, terán lugar ata tres sesións de Mindfulness. Os amantes da gastronomía do Camiño tamén terán un espazo ideal dentro do Open Day, cunha deliciosa selección de tapas de distintos territorios.

Por outra banda, o luns e martes desenvolveranse propostas para profesionais deste mundo, con máis dunha ducia de mesas de debate, coloquios e talleres con máis de cincuenta expertos en diferentes campos.

A presentación do plan de actividades, hoxe na Oficina de Acollida ao Peregrino

Santiago. A Oficina de Acollida Cristiana ao Peregrino, na rúa Carretas de Compostela, acolle hoxe, 3 de novembro, ás 11.00 horas, a presentación do completo programa de Fairway, IV Fórum del Camino de Santiago, que se desenvolverá entre os próximos 7 e 9 de novembro. O acto contará coa presenza da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro; o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago, Gumersindo Guinarte, e unha representantación da Deputación da Coruña.

A cita tamén contará coa presenza dos tres codirectores de Fairway: Ana Trevisani (Trevisani), Manuel Oreiro (Viajes Viloria) e Tono Mugico (Mr Turismo). Todos eles encargaranse de debullar as distintas propostas que se levarán a cabo neste evento arredor do Camiño de Santiago, que se consolida nesta cuarta edición cunha gran participación, e como punto de encontro de empresas do sector, promovendo reunións entre turoperadores e destinos turísticos a través da sección de Workshop.

Ademais, o formato híbrido deste foro turístico permitirá que profesionais de toda Europa poidan acudir a esta cita de xeito presencial e, asemade, ampliar o abanico a outros continentes, que participarán de modo telemático. Deste xeito, a feira alcanza un carácter moito máis internacional. ecg

03 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito