Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nova cuberta para o colexio de Primaria Vite I

obras. A Xunta vai acometer a substitución da cuberta do CEIP Vite I cun investimento de máis de 182.000 euros que suporá adaptar esta infraestrutura ás novas esixencias construtivas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica de Galicia, dotado con máis de 191 millóns de euros. O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, desprazouse esta onte a Compostela para visitar as instalacións do colexio, onde mantivo unha reunión co equipo directivo para informar da licitación da actuación que se vai levar a cabo e que ten como obxectivo principal a mellora do illamento térmico e da eficiencia enerxética coa substitución da cuberta do edificio, por paneis de trinta mm de espesor e acabado tipo HDX, conformando con chapa de aceiro galvanizado, con recheo intermedio de espuma de poliuretano.

Ademais colocarase illamento térmico en forxado baixo cuberta,mediante placas ríxidas de poliestireno extruído. redacción

08 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito