Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nove millóns de euros en axudas no último ano para máis de mil empresas

    Santiago. O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, amosou onte a súa satisfacción por ter conseguido mobilizar nove millóns de euros no último ano, sete deles en axudas directas, para máis dun milleiro de empresas dos sectores comercial, hostaleiro e cultural.

    Lembrou o rexedor da capital galega que na xunta de goberno extraordinaria celebrada o xoves se aprobou o pagamento de 463 axudas a entidades do sector turístico e hostaleiro por importe de 1.740.000 euros, “que se unen aos 1.800.000 euros que se pagaron a 483 comercios hai pouco e aos 550.000 a entidades culturais”. A estes máis de catro millóns engádense “as axudas de marzo-abril, por tres millóns de euros, o que fai un total de sete millóns en axudas directas”.

    A maioría destas 463 empresas, un 50,76 por cento (235) son cafés e bares; e o 22,25 %, (103), restaurantes. A continuación sitúanse as pensións, que reresentan un 5,4 % (25) por cento da porcentaxe total; os hoteis e moteis, cun 5,18 % (24); e as axencias de viaxes, cun 4,10 % e 19 empresas beneficiarias.

    Dende o grupo de goberno local indicaron que a esa cifra súmase a cantidades destinada aos Bonos Corazón Compostela. A día de hoxe fixéronse efectivos 18.197 bonos, que levan aparellados un total de 1.349.890 euros.

    O alcalde da capital galega recordou que o prazo para gastalos remata o vindeiro 10 de decembro e que aínda “quedan uns dous mil”. En total, o Concello “achegou sobre 9 millóns de euros para apoiar os sectores comercial, hostaleiro e cultural, cifra da que nos temos que sentir moi orgullosos”. REDAC.

    04 dic 2021 / 01:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito