Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 27 septiembre 2021
14:30
h

Novo encontro coas asociacións comerciais

Santiago. O alcalde de Santiago, Xosé S. Bugallo, mantivo onte un novo encontro coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, Ourives de Compostela e Área Central, no que se trataron varios asuntos; entre eles, o pagamento das últimas axudas ao rescate convocadas, que se farán efectivas ao longo deste mes. Xosé Sánchez Bugallo informou ás asociacións que os expedientes se atopan nos servizos económicos e que “en dúas semanas se estarán pagando”. Tamén se abordou a posta en marcha da convocatoria de bonos ao consumo Corazón Compostela. redacción

14 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito