Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Bloque pide medidas de apoio para as familias acolledoras de cara á protección da infancia

iniciativa. A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, comprometeuse a levar ó Pleno unha iniciativa para adoptar medidas que favorezan as familias acolledoras “e facer visíbel a existencia do importante labor social desta entidade no relativo á protección da infancia”. Así o manifestou nun encontro coa directora de Acougo, Carmen Dourado, e con Sandra López, nai de familia acolledora.

As crianzas menores de 3 anos teñen que estar, de acordo coa lexislación, en familias de acollida, mais aínda permanecen en centros de protección arredor de 1.700 nenos e nenas en Galiza, “unha cifra moi distante para alcanzar o obxectivo de que en 2026 ningunha crianza menor de 6 anos resida nun centro e en 2030 ningún menor de 10 anos teña un fogar de acollida”, afirmou a portavoz. Sinala a necesidade dun apoio maior por parte da Xunta e o Concello de Santiago, que ten competencias en materia de protección da infancia. Así, o BNG defende a equiparación real nos trámites administrativos das crianzas en acollemento -en todas as modalidades de temporal, permanente, en adopción ou de urxencia- á condición de fillo ou filla durante o tempo que se atope en situación de acollemento familiar, con medidas de discriminación positiva e coa incorporación do ítem de “familia de acollida” nos impresos e áreas de xestión do Goberno municipal, con instrucións para que o persoal da administración coñeza polo miúdo as situacións das familias, ademais de solicitar que se abra un rexistro municipal de familias acolledoras que pode facilitar a participación en actividades, indicou.

Goretti fai fincapé en que o Concello de Santiago debe dar a consideración de fillos e fillas a menores en acollemento familiar durante o seu período de convivencia, o que se traduce no acceso en igualdade de condicións ás familias con fillos naturais, aos servizos municipais, como poden ser ludotecas, bolsas, campamentos, actividades deportivas e mesmo a inscrición na Escola municipal de música. ecg

13 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.