Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O BNG reclama o arranxo urxente das fochancas que hai na avenida de Ferrol

Santiago. A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, anunciou que reclamará no próximo Pleno que o Goberno local adopte as medidas necesarias para o arranxo urxente das fochancas da avenida de Ferrol.

Segundo afirman dende o grupo municipal do Concello compostelano, foron os propios veciños do barrio os que lles sinalaron o problema. “Veciñanza da contorna da avenida de Ferrol trasladou ao grupo municipal do BNG a súa preocupación pola deterioración das beirarrúas, que levan con diversas tiras do lousado levantadas desde hai meses”, advertiu na nota.

Segundo a sua opinión, “esa falta de mantemento e de conservación pode provocar risco de caídas para as numerosas persoas que transitan a diario pola zona”, chamando ademais a atención sobre “a dificultade engadida que supón para aquelas que van con carriños de bebé ou cadeiras de rodas”.

“Non é un problema de falta de diñeiro, posto que o Goberno local dispón de importantes partidas de orzamento que deixa sen executar cada ano debido á mala xestión”.

Este problema da avenida de Ferrol esténdese a outras zonas da cidade, polo que o grupo municipal do BNG xa ten recollido no pasado varias queixas da veciñanza de distintos barrios de Compostela, reclamándolle ao Goberno local en numerosas ocasións o arranxo urxente do pavimento de diversas rúas.

Unha cuestión de interese para os veciños, xa que as fochancas supoñen un perigo para a súa seguridade, lamentando o estado en que se encontra a rede viaria de Compostela e trasladando esta demanda ao executivo municipal, para que actúe no asfaltado, tanto nas zonas urbanas como nas rurais. redacción

25 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito