Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 16 enero 2022
19:08
h

O Carballo de Conxo, foco de atracción turística en Fitur

Árbore Española Do ano. O alcalde de Santiago deu conta onte en rolda de prensa da axenda de Santiago programada para a nova edición de Fitur, que terá lugar do 19 ao 23 de xaneiro en Madrid. Ademais do lanzamento da candidatura do Carballo de Conxo á fase final do certame Árbore Europea 2022 e de recibir o premio que o acredita como Árbore Española deste ano, presentarase a campaña central Santiago, Patrimonio Natural, que pretende dar visibilide aos espazos verdes da cidade como foco da atracción turística. O Carballo de Conxo arrancará a súa singradura a nivel europeo co lanzamento oficial, o próximo 1 de febreiro, da campaña para facerse co título de Árbore Europea do ano 2022. A súa candidatura presentarase previamente en Fitur, co obxectivo de dar a coñecer O Avó entre o público.

Segundo explicou o rexedor de Compostela, este acto será o punto de partida para acadar “o obxectivo marcado de chegar aos 100.000 votos e plantar 100.000 árbores de especies autóctonas” e permitirá dar visibilidade á candidatura e “atraer os votos doutras cidades españolas”.

Trátase do seguinte paso tras impoñerse na fase nacional do concurso ás restantes candidatas españolas, un recoñecemento que o Concello de Santiago recibirá en Fitur. REDAC.

15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito