Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Casino manifesta o seu pesar polo pasamento da escritora Almudena Grandes

SANTIAGO. O Casino de Santiago expresou a través dun comunicado a súa dor polo pasamento da escritora Almudena Grandes: “Os lectores e lectoras de Almudena Grandes manifestan a súa consternación e o seu profundo pesar polo seu pasamento”. E engaden que Almudena Grandes foi Premio San Clemente en 2003 pola súa obra Los aires difíciles, xuntamente con Rosa Aneiros e Jonathan Coe, e Premio Novela Europea Casino de Santiago na sección de novela traducida a outra lingua europea pola súa obra Los pacientes del Doctor García, en 2021, xuntamente con Arantxa Portabales. Dende o Casino de Santiago indican que este último premio estaba previsto entregalo no próximo mes de marzo. A escritora Almudena Grandes faleceu este sábado aos 61 anos vítima dun cancro. REDAC.

29 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito