Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 08 diciembre 2021
02:14
h

O ciclo ‘Cinema e Resiliencia’ trae ‘Alma mater’, drama sobre a guerra en Oriente Medio

A película poderase ver de forma gratuíta a partir da 20 horas no salón Olivo do hotel Eurostars Araguaney de Santiago

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas continúa este mércores coa terceira proxección do ciclo “Cinema e Resiliencia”, organizado en colaboración coa Deputación da Coruña. Poderase ver gratuitamente a película de ficción “Alma Mater”, ás 20 horas no salón Olivo do hotel Eurostars Araguaney de Santiago, ata completar o aforo. A temática do ciclo resalta a resiliencia, entendida como a capacidade dos seres humanos para adaptarse positivamente ás situacións adversas, será o eixo central das proxeccións.

Dada a situación actual marcada pola pandemia da COVID, e co fin de garantir a seguridade dos espectadores do ciclo, a Fundación Araguaney-Puente de Culturas estableceu un estrito protocolo, con medidas de hixiene, protección e aforo á sala #culturasegura. Recoméndase asistir á proxección con antelación polo que se habilitará o acceso 20 minutos antes. Será obrigatorio o uso de máscara e xel hidroalcohólico, manter a distancia de seguridade, usar o asento asignado e evitar as aglomeracións na entrada e saída do recinto.

Será indispensable a reserva previa de invitacións gratuítas no correo electrónico inscripciones@araguaney.com (nome + teléfono), cun máximo de dous por persoa. Cada inscrición abrirase a semana anterior á proxección e finalizará ás 15 horas do propio día da sesión. Non será posible reservar entradas para varias películas de maneira simultánea. A Fundación Araguaney-Puente de Culturas celebra o ciclo como preámbulo da Semana de Cine Euroárabe AMAL 2021, da que proximamente se darán a coñecer os detalles da súa programación.

Mércores-13 de outubro. 20 horas

“Alma Mater” (Título orixinal: Insyriated). Ficción. Philippe Van Leeuw / Bélxica, Francia e O Líbano / 2017/ 85 minutos. Oum Yazan, nai de tres fillos, atrapada dentro da súa casa, converteu o seu apartamento nun porto seguro para a súa familia e veciños, tratando de protexelos da guerra.

Philippe Van Leeuw é un director de cinema e guionista belga. Fixo o seu debut coa longametraxe “The Day God Walked Away” (2009). A cinta “Alma Mater” recibiu o Premio do Público no Festival de Berlín e o Gran premio do público ao mellor filme no Festival de Sevilla.

13 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.