Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Concello aproba 33 postos para venta de artesanía no casco histórico e os puntos de actividade ambulante

RAXOI. A Xunta de Goberno Local, reunida onte en sesión extraordinaria, aprobou as bases reguladoras para o outorgamento das autorizacións correspondentes ao exercicio da actividade de venda de artesanía en postos desmontables na vía pública, e de venda ambulante de tempada; e iniciar o procedemento para a expedición das citadas autorizacións. Estas bases establecen as ubicacións na vía pública, o número de postos así como as datas e horarios de venda. En concreto, as Bases reguladoras para o outorgamento das autorizacións correspondentes ao exercicio da actividade de venda de artesanía regulan o espazo de 33 postos, distribuídos en praza da Inmaculada (17), praza Salvador Parga (7), praza San Clemente (8), e praza Fonseca (1 posto de fotógrafo). Estáblecese un sistema de rotación semana dos postos, excepto o fotógrafo. En canto as datas e horarios da actividade, poderase exercer desde as 09.00 h. ata as 21.00 h, diariamente, no período comprendido entre o 10 de xuño e o 30 de setembro. En canto ás Bases reguladoras para o outorgamento das autorizacións correspondentes ao exercicio de venda ambulante de tempada regulan a actividade dos postos de xeados, castañas e recordos ou souvenirs. Poderán instalarse en Porta Faxeira, praza do Toural, Cantón do Toural, praza de Cervantes, praza da Inmaculada, Alameda, praza Roxa, Hórreo, Xoán XXIII e Dársena de Xoán XXIII. Os postos de xeados e castañas poderán instalarse, un por emprazamento, en Porta Faxeira, na praza do Toural, no Cantón do Toural, na praza de Cervantes, na Alameda, na praza Roxa, e no Hórreo. E os de recordos ou souvenirs: catro postos en Xoán XXIII, un posto na dársena de Xoán XXIII, e seis postos na praza da Inmaculada. Establecerase un sistema de rotación nas diferentes ubicacións. A actividade poderá exercerse desde as 09.00 h. ata as 21.00 h, diariamente. Os postos de tempada de castañas poden exercer a súa actividade entre o 1 de novembro e o 31 de marzo. Os de tempada de xeados, do 1 de abril ao 31 de outubro. E os postos de recordos, do 15 de marzo ao 31 de outubro. ECG

12 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito