Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Concello de Santiago homenaxea a Isaac Díaz Pardo cunha escultura na Alameda

Conmemora o centenario do seu nacemento. Sentado nun banco, o intelectual mira á cidade histórica

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu este sábado na Alameda da cidade a inauguración dunha escultura en homenaxe ao intelectual Isaac Díaz Pardo, que conmemora o centenario do seu nacemento.

A escultura, obra de César Lombera, colocouse provisionalmente no camiño que discorre entre o paseo dos Leóns e a carballeira de Santa Susana, na que se atopa a estatua de Castelao; á altura das escaleiras metálicas. Sentado nun banco, Isaac Díaz Pardo mira á cidade histórica, desde un espazo que representa a conexión entre a súa realidade, Compostela, e os seus ideais, representados en Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos seus referentes a nivel político, persoal e artístico.

Con todo, localización definitiva será no espazo situado ao final da Alameda, fronte á rúa do Cruceiro do Gaio, unha vez que termine o proxecto de obras do muro do Pombal, que incluirá unha conexión con esta zona. A estatua colocarase contemplando a cidade que el coñeceu e as rúas nas que viviu: Carretas e a Rúa das Hortas.

En representación da familia de Isaac Díaz Pardo, participou na cerimonia uno dos seus fillos, Camilo Díaz Arias. Durante a inauguración, o filólogo, poeta, narrador e dramaturgo Claudio Rodríguez Fer leu unha poesía en homenaxe a Isaac Díaz Pardo e a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, realizou unha ofrenda floral.

Na súa intervención, o alcalde definiu a Isaac Díaz Pardo como un "home tan sinxelo como extraordinario" e como un "exemplo de vida", permanentemente "ilusionado, comprometido e, á vez, desconfiado". Nacido en Santiago e cun "enorme vínculo afectivo" coa cidade, o rexedor considerou unha "honra" para a urbe lembrar ao intelectual.

SANTIAGO. EUROPA PRESS

01 ago 2020 / 18:15
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.