Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Concello lanza a candidatura do Carballo de Conxo a Árbore Europea 2022 e a campaña Patrimonio Natural

FITUR. A axenda da cidade programada para Fitur (19 ao 23 de xaneiro), inclúe, ademais do lanzamento da candidatura do Carballo de Conxo á fase final do certame Árbore Europea 2022 e de recibir o premio que o acredita como Árbore Española deste ano, a presentación da campaña central Santiago, Patrimonio Natural (hoxe, 16 h), que pretende dar visibilide aos espazos verdes da cidade como foco da atracción turística. O Carballo de Conxo arrancará a súa singradura a nivel europeo co lanzamento oficial, o 1 de febreiro, da campaña para facerse co título de Árbore Europea do ano 2022. A súa candidatura presentarase previamente en Fitur, co obxectivo de dar a coñecer O Avó entre o público español. Segundo explicou o rexedor, “o obxectivo é chegar aos 100.000 votos e plantar 100.000 árbores de especies autóctonas” e permitirá dar visibilidade á candidatura e “atraer os votos doutras cidades”. É o seguinte paso tras impoñerse na fase nacional do concurso, recoñecemento que o Concello recibirá en Fitur, nun acto que contará coa presidenta de Bosques sen Fronteiras, Susana Domínguez, co vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e co director de Biodiversidad, Bosques y Desertificación do Miteco, Jorge Marquínez.

O alcalde de Santiago e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, aproveitarán a súa presenza en Fitur para presentar Santiago, Patrimonio Natural, que pretende dar a coñecer os espazos verdes da cidade como “atracción para peregrinos e turistas”. O rexedor recordou que Santiago conta con “60 parques municipais” e que xunto aos espazos da Xunta e da USC, “abranguen unha área de 6 millóns de metros cadrados que supera catro veces os estándares marcados pola OMS”.

CONGRESOS. Turismo de Santiago, a través do seu servizo para a promoción da cidade como destino de Congresos, Xornadas e Incentivos, o Santiago de Compostela Convention Bureau, participa en FITUR Mice, a sección especializada en encontros profesionais da Feira Internacional de Turismo que se celebra en Madrid esta semana. V. ÁLVAREZ

19 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito