Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Concello súmase á celebración do Día Internacional do Pobo Xitano

Con este acto quérese lembrar a este colectivo e a súa especial historia

Santiago. A concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, acompañada por Isabel Suárez Carballo e Lorena Moreno Jiménez, da Fundación Secratario Xitano, deu lectura ao manifesto institucional en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano, que tamén se celebra coa colocación da bandeira, co canto do himno Gelem, Gelem, e coa cerimonía do Río. “Desde o Concello de Santiago sumámonos a esta celebración, coa que se quere lembrar a historia do pobo xitano, e tamén render homenaxe ás vítimas xitanas do xenocidio nazi, así como das distintas persecucións ao longo dos séculos. A data non é casual, elixiuse para conmemorar a celebración do I Congreso mundial roma/xitano o 8 de abril de 1971”, lembrou Mila Castro. A celebración deste día inclúe o izado da bandeira xitana, que se colocou na escaleira de acceso á zona nobre do Pazo de Raxoi; a interpretación do himno xitano Gelem, gelem; a celebración da chamada Cerimonia do río, no que as mulleres botan pétalos de flores nos ríos e os homes encenden velas en recordo dos antepasados; e a lectura dunha declaración institucional, que levaron a cabo a concelleira e as dúas representantes da Fundación. s.c.r.

09 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito