Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 27 febrero 2021
13:55
h

O Consorcio de Santiago destina 410.000 € en axudas para rehabilitación da cidade histórica

As subvencións son para elementos especiais de madeira e reixas e o mantemento da envolvente exterior dos inmobles // Tamén se sufragarán os honorarios profesionais dos arquitectos // O prazo para as solicitudes remata o 26 de febreiro

O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa “Terémanter”, dirixido á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas -en particular as reixas tradicionais- e ao mantemento da envolvente exterior dos inmobles da cidade histórica de Santiago. A través destas axudas búscase ademais apoiar a mellora da eficiencia enerxética e o illamento acústico dos edificios. O organismo interadministrativo destinará a esta convocatoria un importe global de 410.000 euros. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 26 de febreiro.

En relación aos elementos especiais de madeira e reixas, inclúense as galerías, balcóns, ventás e portas de entrada aos edificios. Tamén se subvencionarán os custos adicionais e indispensables para a realización das obras como a colocación de medios auxiliares.

En canto ás obras de mantemento da envolvente exterior, inclúense fachadas exteriores, patios interiores e cubertas; así como as obras de mellora da eficiencia enerxética do edificio relacionadas co mantemento da envolvente como illamento da cuberta, mellora de ventás practicables de cuberta, illamento de fachadas exteriores e/ou patios interiores. No caso de que sexa imprescindible a substitución da cubrición para mellorar o comportamento térmico do edificio subvencionarase tamén o custo. Ademais, subvenciónanse as obras de mellora do illamento acústico dos inmobles; así como as actuacións de consolidación, reposición e mellora das estruturas tradicionais de madeira, incentivando a introdución de novos produtos e derivados da madeira innovadores.

As axudas abranguen os honorarios profesionais de redacción da documentación técnica e dirección da obra, de elaboración do Informe de Avaliación do Edificio (IEE) e de redacción do Plan de Mantemento do edificio de uso de vivenda.

Beneficiarios das axudas

Poderán beneficiarse destas axudas tanto as persoas físicas ou xurídicas como unha agrupación de personas físicas ou xurídicas; propietarias, inquilinas ou aquelas que teñan algún dereito de uso sobre os inmobles. Tamén poderán ser beneficiarias as comunidades de propietarios.

Valorarase que se dispoña dun Plan de Mantemento para o edificio

Os inmobles deberán presentar condicións suficientes de seguridade estrutural e de estanquidade fronte á choiva. Deberán ter unha antigüidade superior aos dez anos. E terán que estar destinados a vivenda (como mínimo, os 2/3 da súa superficie útil, excluídas a planta baixa e as plantas soto), comercial en clases I e II, oficinas, industrial, sociocultural, asistencial ou institucional; segundo a definición establecida na Normativa Urbanística do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica.

As solicitudes poderán presentarse no rexistro do Consorcio de Santiago ou en calquera outro rexistro. Na avaliación das mesmas valorarase a superficie en metros cadrados de carpinterías de madeira, que se dispoña dun Plan de Mantemento para o edificio, así como o nivel de ingresos da unidade de convivencia. Primarase a incorporación de novos solicitantes e terán especial consideración os inmobles afectados pola contaminación acústica, situados nas zonas declaradas saturadas de ruído polo Concello de Santiago, sempre que coa intervención se consiga unha mellora do illamento acústico. Así mesmo, valorarase o nivel de catalogación ou de interese arquitectónico do inmoble, xunto ao seu nivel de ocupación.

O Consorcio ofrece asistencia técnica

Estas axudas inclúen tamén a asistencia técnica en todo o proceso. Así, pódese solicitar que os técnicos do Consorcio elaboren a documentación técnica necesaria para a realización das obras de pequena entidade, ao tempo que se encargan da dirección das mesmas e da coordinación de seguridade e saúde.

Santiago de Compostel

27 ene 2021 / 12:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.