Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 02 diciembre 2022
02:54
h

O Festival Galicreques achegará a Compostela unhas sesenta funcións

Santiago. O Festival Internacional Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde co apoio do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, o Ministerio de Cultura, Iberescena ou a Fundación SGAE, celebrará a súa 27ª edición entre o 8 e o 16 de outubro. Neste 2022, o festival medra até acadar as 60 funcións, que se repartirán por diferentes escenarios, centros socioculturais, rúas e prazas de Santiago. Galicreques contará no seu cartel con 26 compañías, procedentes de oito países que lle dan o seu perfil internacional e ás que cómpre sumarlles as formacións galegas e as que veñen do resto de España. O festival foi presentado onte pola mañá en rolda de prensa pola concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, acompañada por Jorge Rey, director de Galicreques, e o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo.

Durante a presentación, Mercedes Rosón amosouse moi satisfeita de que “Santiago se converta un ano máis na capital do teatro de monicreques” e aproveitou para convidar ás familias de Compostela a “acudir a estes espectáculos, a divertirse con eles, a gozar xunto aos seus fillos, coa ilusión, coa maxia e co humor dos monicreques”. d.seijas

05 oct 2022 / 21:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito