Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

“O goberno confunde á poboación: dispón de 9 millóns para gastar libremente”

Petición. A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, reclama unha reunión técnica sobre os remanentes de tesouraría de 2020, cunha descrición realista e transparente do custo e dos prazos das obras e axudas, para o destino dos nove millóns de euros pendentes que quedaron sen gastar en 2020. “O Goberno municipal confunde a poboación xa que dispón de nove millóns de euros para gastar libremente”, afirmou. Goretti Sanmartín aludiu á intención do alcalde “de enganar e intentar dar prazos e cantidades que confunden máis a xente que aclarar a situación de maneira transparente, respecto das posibilidades para gastar eses nove millóns de euros de remanentes de 2020 que podería agora o Concello dispoñer para gasto libre no que queira, en axudas directas para os sectores afectados ou en investimentos, xustamente pola eliminación das regras fiscais que existían con anterioridade”. Así, sinalou datos obxectivos que están no Informe de Intervención da Liquidación de 2020 “onde se ve con clareza o que acontece”, pois sinala que o remanente de tesouraría é de 9.005.992 euros dispoñíbeis, “unha cantidade de libre disposición para a súa utilización”. “De aí, que o Concello pode decidir dedicar 3,5 millóns de euros a axudas tal como acordou coa oposición para os sectores da hostalaría, do comercio e da cultura”, explicou. Unha das cuestións que marca ese Informe de Intervención é que no capítulo de Investimentos, a execución está nun 21,85 %. “Iso quere dicir que de cada 100 euros do Orzamento que había para gastar en investimentos en 2020 deixaron sen usar 78 euros, a execución máis baixa dos últimos seis anos”, advertiu. ECG

13 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito