Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 24 enero 2022
03:33
h

O grupo popular critica os atrasos na reparación da Ponte de Vidán

Din que “o descontrol na execución dos traballos está a causar graves prexuízos”

Santiago. “O considerable atraso na execución das obras de reparación e consolidación da ponte de Vidán” será obxecto dunha iniciativa do Grupo Popular “para que o Goberno local explique os motivos da demora duns traballos que deberían ter rematado na primavera do ano pasado e que, a día hoxe, non teñen data para o remate, a pesar de que nunha visita do alcalde e concelleiro do Medio Rural á obra no mes de agosto pasado, Xosé Manuel Pichel afirmase que estarían rematadas no mes de outubro”, indicaron ayer desde el PP de Santiago.

Engaden que segundo a documentación existente, as obras da Ponte de Vidán foron adxudicadas o 29 de setembro de 2020, cun período de execución de cinco meses, formalizándose o contrato o 13 de outubro de 2020. Con todo, as obras non se iniciaron ata o 8 de maio de 2021, case oito meses despois da sinatura do contrato. “A este atraso inicial, súmase a lentitude nos traballos que fan que, na actualidade, cumpridos xa 16 meses desde a sinatura do contrato e 8 meses do inicio efectivo das obras, estas aínda no remataran, a pesar de que segundo o prazo contractual o remate non debería ir máis alá do mes de abril de 2021”, afirmaron dende o grupo municipal do PP.

“O descontrol na execución dos traballos que se constata na obra da ponte de Vidán é xa unha constante en moitas das obras que se executan por parte do Goberno de Sánchez Bugallo; non hai máis que ver o que está a pasar en Concheiros, cun incumprimento sucesivo dos prazos, ou na remodelación da rúa do Hórreo, onde, cumprido o prazo de remate contractual, aínda restan boa parte dos traballos por executar”, sinalaron. Ante esta situación, os populares consideran que “o Grupo de Goberno debe dar explicacións”.

No caso concreto de Vidán, apuntan que deberá explicar cal é a causa pola que non se iniciaron as obras da Ponte de Vidán ata oito meses despois da sinatura do contrato, as prorrogas concedidas e os motivos para a súa autorización. Así mesmo, o Grupo que dirixe Alejandro Sánchez-Brunete reclama información sobre cal é a data en que se deberían rematar estas actuacións para cumprir coa legalidade e que responsabilidades se derivan dun incumprimento que está a causar tantas molestias e prexuízos para un gran número de persoas que, desde hai máis de 9 meses, padecen o corte da ponte para o tránsito peonil e de vehículos. REDAC.

15 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito