Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Grupo Popular reclama que a Deputación financie integramente a Vía Verde entre a A Sionlla e Oroso

    CONEXIÓN. O Grupo Municipal Popular reclamaralle ao Goberno local que xestione ante a Deputación o financiamento íntegro para a inmediata licitación do proxecto da Vía Verde entre A Sionlla e o Concello de Oroso e que se inicie canto antes a redacción da súa conexión coa cidade de Santiago, para lograr canto antes unha posta en servizo funcional e útil do trazado de máis de 30 quilómetros ata o concello de Cerceda, dos que unicamente resta por acometer o itinerario polo Concello de Santiago. Tal como indica o concelleiro Pedro Rey, o Goberno municipal debe encargar, coa maior urxencia, o proxecto para enlazar mediante unha vía peonil e ciclable o núcleo urbano de Santiago coa futura Vía Verde na Sionlla, contemplando a posibilidade de que este enlace conecte co polígono do Tambre e coa senda prevista pola Xunta entre O Milladoiro e San Caetano.

    Así mesmo, o Popular incide en que se debe impulsar a cesión das vellas estacións ferroviarias da Sionlla e de Verdía para o seu acondicionamento e posta en valor, e que garanta a execución das necesarias melloras de seguridade e accesibilidade nas pontes de Vilariño e Castro, mediante as que importantes vías locais atravesan a antiga vía ferroviaria. A execución da Vía Verde entre A Sionlla e Oroso, que debería ser o primeiro tramo do traxecto pola abandonada vía férrea entre Santiago e Cerceda, leva anos sendo obxecto do interese do Pleno municipal, sobre todo, desde que en 2017 se dispuxera dun primeiro proxecto construtivo feito pola Federación de Ferrocarriles Españoles, proxecto que foi actualizado por encargo do Concello de Santiago e entregado en abril de 2019, sen que o Goberno local o teña dado a coñecer, a pesar da solicitude formal cursada por este Grupo a principios de 2021. “Na actualidade, todos os traxectos, agás o que discorre polo termo municipal de Santiago, están en avanzado estado de execución e o seu remate anúnciase para este ano”, apuntan dende o PP. ECG

    21 may 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito