Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Museo Gaiás amosa a beleza e a historia do Camiño Portugués

Santiago. O conselleiro de Cultura inaugurou onte no Museo Centro Gaiás O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra, unha exposición composta dunha selección de 120 fotografías do século XIX ao XXI que percorren o Camiño desde O Porto a Santiago da man de figuras consagradas e emerxentes da arte fotográfica. Román Rodríguez destacou na inauguración da mostra o xeito en que este percorrido expositivo “se aproxima á riqueza paisaxística e monumental do Camiño Portugués para facernos novamente conscientes do seu valor patrimonial e convidarnos a redescubrilo cos ollos de quen o mira por primeira vez”.

O acto contou ademais coa participación da comisaria da exposición, Lucía Laín, e a presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, a comisaria do Xacobeo, Cecilia Pereira, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, ademais de varios dos fotógrafos presentes nesta mostra, que poderá visitarse de balde ata o 17 de abril no terceiro andar do museo. ECG

28 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito