Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pleno deu luz verde aos Bonos Corazón de San Pedro e Concheiros

O expediente de crédito ascende a 75.000 euros, que facilitarán compras de máis de 180.00 euros

Santiago. Os Bonos Corazón para incentivar o consumo e o comercio nos barrios de San Pedro e Concheiros xa son unha realidade. Nunha sesión extraordinaria celebrada onte pola mañá, o Pleno da Corporación deu luz verde ao expediente de crédito por importe de 75.000 euros para pór en marcha os Bonos Corazón, un programa de bonos de consumo no comercio e hostalería, neste caso para o barrio de San Pedro-Concheiros, golpeados no último ano polas eternas obras que levantaron grandes molestias entre os comerciantes polo incumplimento dos prazos.

Así, estes 75.000 euros facilitarán compras por valor de 187.500 euros e o seu funcionamento será igual ao da última convocatoria xeral dos Bonos Corazón abertos a toda a cidade.

Haberá, polo tanto, tres modalidades do bono: cun valor de 75 euros, cun valor de 50 euros, e cun valor de 30 euros. Os bonos estarán cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante, que deberá achegar a contía de 45, 30 ou 18 euros, en función do bono que prefira

As rúas nas que se aplicarían, así como outros detalles, están consensuados coa asociación de comerciantes da zona e detallaranse na convocatoria que aprobará a Xunta de Gobern

Previamente, o Pleno aprobou o expediente preciso para dar respaldo orzamentario ao programa. Contou co voto a favor do Grupo Municipal Socialista, Compostela Aberta e BNG e coa abstención do Grupo Popular.

Na súa intervención, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reiterou “o compromiso de sacar este programa de axudas” despois de que rematasen as obras, feito público nos “primeiros días de decembro, despois dunha reunión coa asociación de comerciantes.

A concelleira de Economía, Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, Marta Abal, fixo fincapé en “que sen dúbida terá un efecto multiplicador na economía local, achegando recursos á cidadanía á vez que incentiva o consumo en sectores estratéxicos” para a cidade. ECG

23 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito