Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 02 agosto 2021
01:00
h

O PP incide na creación dunha comisión que supervise toda a tramitación do polo biotecnolóxico da Sionlla

URBANISMO. O Grupo municipal popular reitera a solicitude de constitución dunha comisión que supervise a tramitación do proxecto biotecnolóxico da Sionlla e que esixa responsabilidades ao Goberno, “á vista da presumible falta de dilixencia e de goberno, particularmente no departamento de Urbanismo, que reflicte o exame do expediente; unha presumible falta de dilixencia e de goberno especialmente graves por tratarse dun proxecto estratéxico para a cidade e que pode ser indicativa doutras situacións semellantes”.

Tras a “manobra” do alcalde para “impedir no seu momento a celebración dun pleno extraordinario que evidenciase o sucedido na tramitación do proxecto”, os populares acordan unha proposición conxunta con todos os grupos da oposición. “Bugallo é capaz de concitar preocupacións unánimes”, advirte o portavoz do PP, Alejandro Sánchez-Brunete.

O Concello de Santiago comprometeuse no seu día a participar no desenvolvemento do polo de innovación tecnolóxica na Sionlla, coa obriga, para estes efectos, de ceder unha parcela municipal”. REDAC.

22 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito