Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O PP pide diálogo ao Concello para os plans dos fondos europeos

Borja Verea pediu onte moita prudencia na fase da desescalada que comeza o venres

Santiago. O presidente dos populares composteláns, Borja Verea, recoñeceu onte a importancia de que os concellos poidan participar nos fondos de reconstrución europeos, posto que “é unha maneira de garantir que estes investimentos sexan eficientes, sexan eficaces, porque se axeitarán ás necesidades máis próximas aos cidadáns”. E pediu nese sentido ao goberno de Sánchez Bugallo que “sexa consciente de que é un goberno que está en minoría” que proxectos desta envergadura “teñen que ser dialogados, consensuados, e traballados por todas as forzas políticas”. Algo que, engadiu, “permitirá propostas moito máis serias, máis solventes, máis potentes e con moitas más garantías de acadar o resultado e de poder materializarse”. E lamentou que o goberno municipal continúe con esa política “de improvisación, de anuncios vistosos pero que na maioría das ocasións non se traducen na realización dos mesmos e comezan a xerar certa frustración”.

En canto aos datos da COVID en Santiago, sinalou que a melloría que estamos a vivir “hai que equilibrala con moita prudencia”. “É un virus que sempre vai por diante de todos nós”, insitiu, “vímolo nesta terceira onda”. E pediu prudencia para esta fase de desescalada que comenza o vindeiro venres. redac.

23 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito