Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O PP pide reparacións no párquin de Praza Roxa e sinalizacións en Conxo

A varanda de acceso en República do Salvador mantén o aglomerado desde hai cinco meses

Santiago. O Grupo Popular, por medio do concelleiro José Antonio Constenla pon enriba da mesa unnha serie de cuestións que afectan á protección peonil en dous estacionamientos da cidade.

A este respecto, vai presentar unha iniciativa para que o Goberno local faga as xestións necesarias para que á maior brevidade se recupere o ornato na protección peonil do acceso ao aparcadoiro da Praza Roxa desde a rúa República do Salvador.

Para o concelleiro popular, que lembra a situación de provisionalidade orixinada por un acto vandálico que se produciu durante o pasado mes de agosto, “cinco meses deberían ser suficientes para proceder a unha reparación definitiva e retirar o pastiche de taboleiros de aglomerado de diversos tons e tamaños que afean esta zona de gran tránsito e actividade comercial”, insistiu sobre a actual situación que se percibe na varanda de acceso en República do Salvador.

Melloras na sinalización en Conxo. Na mesma liña, os populares tamén instan ao Goberno de Sánchez Bugallo a que, de forma coordinada coa Xunta de Galicia, valore a conveniencia de axustar e ampliar a sinalización do novo aparcamento de Conxo. Esta iniciativa pretende actuar coa finalidade de mellorar a súa funcionalidade e o seu uso como alternativa á recente remodelación da nova praza fronte ao mosteiro que restrinxiu a circulación de vehículos.

Conforme á súa proposta, a utilización do novo espazo reservado para aparcamento, con 82 prazas, podería optimizarse cun axuste e ampliación da sinalización, posto que nas inmediacións unicamente existe un cartel indicador, que se considera insuficiente e mesmo pode inducir a confusión, ao non sinalar a dirección da entrada á parte inferior, onde se atopan a maior parte prazas creadas. REDACCIÓN

18 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito