Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O radar de Conxo comeza a sancionar o luns

Está activado dende o 26 de xuño en período de probas e verificacións

A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá lembra que o radar de control de velocidade no paso inferior de Conxo entrará definitivamente en funcionamento, con capacidade sancionadora, este vindeiro luns, 6 de xullo.

Dende o pasado venres, 26 de xuño, o radar está xa funcionando en período de probas e verificacións, e unicamente a efectos informativos, pero a partir deste luns, comezarase a multar aos/ás infractores/as que superen os límites de velocidade debidamente sinalizados para este punto.

A Concellaría de Mobilidade e Seguridade Cidadá prega aos/ás condutores/as que respecten os límites de velocidade e agarda que a colocación do radar supoña unha redución da velocidade media neste punto, que segundo as medicións feitas en diversas ocasións, supera nunha alta porcentaxe os límites marcados.

Cómpre lembrar que este radar móbil alternará este emprazamento do paso inferior de Conxo co da rúa do Restollal.

SANTIAGO. CDS

03 jul 2020 / 14:40
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.