Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O ramal de saída cara a rotonda inferior da avenida de Lugo estará pechado tres días

Santiago. Dende mañá e ata o vindeiro mércores, 29 de xullo, o ramal de saída cara a rotonda inferior da avenida de Lugo, glorieta de Sar, sentido Santiago-Coruña, vai quedar cortado ao tráfico. Os vehículos que pretendan acceder á zona do Ensanche ou Sar, deberán continuar pola avenida de Lugo, ata a rotonda coa SC-20, para volver pola mesma vía ata o carril de servizo e entrar pola rúa de Bernardo Barreiro. Tendo en conta esta situación o Concello de Santiago de Compostela “prega á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar”. Ademais, tamén mañá, neste caso con motivo da reparación dunha arqueta, entre as 15.00 e as 18.00 horas, vai quedar cortada ao tráfico a rúa de Xeneral Pardiñas, no tramo comprendido entre Montero Ríos e Carreira do Conde. O tráfico desviarase cara a praza de Galicia.

Por outra banda, a Casa do Cabido reabriu as súas portas o 23 de xullo, logo de permanecer pechada durante catro meses debido á crise sanitaria provocada pola Covid-19. Implantáronse unha serie de medidas para garantir a seguridade dos asistentes. Pode visitarse de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas, e os domingos de 11.00 a 14.00 horas. Os luns, a Casa do Cabido está pechada ao público.

Tal como explica o responsable de Exposicións do Consorcio de Santiago, Juan Conde, “o edificio presenta unha arquitectura moi singular, é moi estreito e as salas de exposición son moi pequenas, o que dificulta manter as distancias de seguridade entre os usuarios”. ECG

26 jul 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.