Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O reitor inaugura ‘A Minerva Compostelá’, comisariada por José M. García Iglesias

USC. O Colexio de Fonseca acolleu onte o acto de inauguración da mostra A Minerva Compostelá. As súas glorias, que foi presidido polo reitor da USC, Antonio López, e contou coa intervención do catedrático emérito de Historia da Arte e comisario da exposición José Manuel García Iglesias. Tamén tomaron parte o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; así como a deputada provincial Milagros Castro Sánchez. A mostra estará aberta ao público ata o 22 de xaneiro de 2022 e recolle parte da historia da USC recreando espazos do pasado. Así, a súa antiga biblioteca evócase no denominado Salón Artesoado, cos 22 retratos que a adornaban orixinalmente no ano 1882. Neste mesmo espazo, móstrase tamén unha selección de libros que fan mención aos personaxes representados: nuns casos, aos seus propios escritos; noutros, ás doazóns feitas. Todos eles proveñen dos fondos da Biblioteca Xeral. ECG

15 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito