Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O ‘skyline’ de Miami podería incorporar un símbolo do Camiño de Santiago

Xunta e Asociación de Empresarios Galegos de EEUU preparan varias iniciativas para a promoción do Xacobeo 21-22 en Norteamérica

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiron ao presidente da Asociación de Empresarios Galegos de EEUU (Aegusa), José Manuel Brandariz, con quen analizaron vías de colaboración para a promoción do Xacobeo 21-22 en Miami. Nese senso, José Manuel Brandariz explicoulle a Alfonso Rueda e Antonio Rodríguez Miranda que a colectividade galega de Florida está a traballar en diversas iniciativas como a colocación dunha mouteira nun lugar emblemático de Miami para a promoción e sinalización do Camiño de Santiago, así como engadir algún outro símbolo de Galicia para o que se conta coa colaboración da cidade norteamericana. O responsable de Aegusa trasladou tamén que se está a traballar en colaboración co Goberno local para a posta en marcha de actividades de información e divulgación sobre o Camiño de Santiago. En EEUU residen actualmente 23.175 galegos, 8.325 nados en Galicia, sendo o resto, descendentes.

04 sep 2021 / 13:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.