Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Xacobeo en 123 anos: a mostra ‘Peregrinación, cidade, escola’
percorre a historia compostelá

É unha escolma de recursos docentes desde a Restauración ata principios do século XXI//O Museo Pedagóxico acolle o proxecto

O Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega) vén de abrir as portas da exposición Santiago. Peregrinación, cidade, escola, un percorrido sobre o fenómeno xacobeo e Santiago de Compostela a través dunha escolma de materiais escolares e extraescolares que gardan algunha relación con esta temática.

Comisariada polo persoal do museo, a exposición reúne un total de 71 pezas comprendidas entre os anos 1881 e 2004 agrupadas en tres grandes temas que son Santiago o Maior e a iconografía xacobea, Santiago como meta de peregrinación e a cidade de Compostela.

O material exposto amosa que a figura do apóstolo Santiago está presente no eido educativo nos recursos que se empregaban na docencia, especialmente naqueles dedicados á lectura, ao longo de todo o século pasado tanto na Restauración como na eatapa da Segunda República e na ditadura franquista.

ORGANÍZASE EN DOUS EIXOS PRINCIPAIS. A mostra presenta unha selección procedente de centros educativos que forman parte dos fondos do Museo Pedagóxico de Galicia na actualidade, articuladas ao redor de dous eixos principais: o primeiro xira ao redor dos materiais escolares e a propia historia da educación ao longo do camiño de Santiago. Preséntanse así diversos materiais docentes nos que se recolle a figura de Santiago ou ben distintos aspectos do camiño representados cun fin educativo e pedagóxico.

O segundo eixo fai referencia ás institucións educativas que alberga a cidade meta da peregrinación: Santiago de Compostela. Unha representación, sempre incompleta, da educación en diversas institucións: Universidade, Seminario e centros educativos. O proxecto expositivo abrangue material escolar, fotografías, tarxetas postais e documentos gráficos de coleccións particulares e dos propios fondos do museo que exhiben, por unha banda, a presenza do fenómeno xacobeo na escola e, por outra, a pegada que deixaron as institucións educativas nos habitantes e na paisaxe da cidade.

HORARIO E VISITAS. A mostra pode visitarse no horario de apertura do museo: de martes a venres, de 10.00 a 15.00 e de 16.00 a 19.00 horas, e os sábados de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Con esta exposición o museo súmase ás celebracións do Xacobeo 2021-2022.

10 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito