Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Obradoiros nas Escolas Infantís

    RESERVA. Desde mañán ata o 7 de agosto estará aberto o prazo de reserva dos obradoiros para o curso 2020-2021 nas escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. As solicitudes de novo ingreso poderán presentarse do 10 ao 14 de agosto. Estes obradoiros, dirixidos a nenos e nenas entre os 3 e os 8 anos, pretenden favorecer a conciliación familiar e laboral, ofrecendo aos nenos unha alternativa de lecer e tempo libre. Ofértanse 45 prazas, 15 por cada escola. Os obradoiros desenvolveranse durante o curso escolar 2020-2021, de acordo co calendario escolar da Rede de Escolas Infantís Municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños. redacción

    01 ago 2020 / 23:03
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito