Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 14 mayo 2021
15:16
h

Oficios tradicionais, música e danza galegas de raíz no videoclip ‘Cantar do liño e Maneo de Xaviña’

O audiovisual, promovido polo Xacobeo 2021 e que mostra o Camiño de Santiago, foi presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín Garcia, e os músicos Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo, e o coreógrafo Daniel Pardo, que destacaron que pon en valor da nosa tradición máis arraigada

“A creación desta peza representa o espíritu co que foi iniciado o proxecto do Fondo Xacobeo, temos aquí un produto audiovisual de gran calidade vinculado ás raíces galegas”. Son palabras de Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, na presentación do videoclip ‘Cantar do liño e Maneo de Xaviña’, este luns en Santiago. Estaba acompañado polos músicos artífices do audiovisual, Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo, que agradeceron a liberdade creativa propiciada pola Xunta para a súa elaboración e destacaron que o vídeo está moi ligado aos oficios tradicionais e á transmisión musical oral. “Amosa a beleza do Camiño de Santiago, que está sendo pouco respectado coa plantación masiva de eucaliptos”, indicou Davide Salvado.

Cantar do liño e Maneo de Xaviña foi realizado ao abeiro da primeira convocatoria do Fondo de proxectos Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia e é un avance do proxecto musical conxunto desta banda para poñer en valor a tradición cultural, lingüística e patrimonial galega desde a música, a danza, o patrimonio arquitectónico ou a paisaxe. Valentín García indicou que se trata dun traballo “moi coidado, especialmente elaborado e que amosa unha gran sensibilidade polo patrimonio material e inmaterial de Galicia, desde a escolla das localizacións ao paso do Camiño de Santiago ata a recollida e posta en valor das manifestacións artísticas, canto e danza, propias”, un proxecto “que rememora, dá a coñecer e visibiliza quefaceres tan arraigados como o labor do liño, asi como as cantigas asociadas á fiada ou o particular maneo de Bergantiños e da Costa da Morte, sempre fontes culturais e lingüísticas inesgotables da nosa tradición”.

Cargando reproductor ...
19 abr 2021 / 11:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.