Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os museos galegos pechados hasta novo aviso

Estes espazos permanecerán así hasta que a situación sanitaria permita a relaxación das restricións

O 27 de xaneiro entraron en vigor unha serie de medidas máis restritivas, polas cales se cesa temporalmente a actividade cultural, hasta a súa revisión o 17 de febreiro.

Con todo, a maneira na que a pandemia afectou ás actividades levadas a cabo nos museos vén coincidindo en todos eles. En primeiro lugar, as datas das exposicións víronse forzadamente modificadas, como nos comenta Natalia Fernández, a directora do Museo Fundación Eugenio Granell: “o ano pasado tivemos que cambiar as datas dalgunhas exposicións e actividades como consecuencia do peche dos meses de confinamento e prolongamos algunha exposición como “Necesitamos os teus soños” que estaba programada para rematar o 30 de abril e fui pechada o 28 de xuño. A exposición “Maruxa Seoane. Achegamento a Mª Elvira Fernández López” estaba programada para o 14 de maio e pasou para o 9 de xullo; A exposición “Mírote e véxome. Loreto Blanco Salgueiro” estaba para o 23 de xullo e pasámola para o 1 de outubro e a exposición de “Carla Souto. A partir do chan”, do 30 de abril pasou para o 5 de novembro. Tamén o proxecto de Artista en Residencia, este ano na súa V edición tivo que cambiar de datas pois sempre o inauguramos no mes de outubro, e ao ter que cambiar as outras exposicións tivemos que inaugurar a exposición “Matria, Reina D’Hoore”. Artista en Residencia. V Edición, o 10 de decembro”. Recalca que a programación viuse alterada, mais puidéronse realizar as exposicións que estaban previstas, a excepción, da exposición “Philip West. Selva de objetos fragmentados”, unha exposición formada polos fondos da Colección Philip West e que tiñan programada para itinerar á Fundación Cupertino de Miranda en Vilanova de Famaliçao (Portugal), e pospúxose para o ano 2021.

Por outra banda, Marcos González, director do Museo de Historia Natural da USC, explícanos que para entender de que maneira ten afectado á Covid “é necesario remontarse a marzo de 2020, cando se produciu o confinamento. O noso centro a diferencia doutros, pechou a mediados de marzo e decidiu manterse así hasta o 1 de setembro. Ó estar pechado ó público, paralízase unha das actividades máis importantes que é a difusión da cultura científica, é dicir a recepción de visitantes, dos cales unha parte moi importante pertence ao sector educativo (aos escolares), tamén ao sector do turismo e variado público de distinta natureza. Polo que esa función desapareceu desde o punto de vista presencial, pero tratouse de subsanar esta ausencia levandóo ó mundo dixital. As actividades que se facían ordenadamente ou que estaban programadas para esas datas leváronse ás plataformas dixitais para poder estar ao alcance do público, ao mesmo tempo, colle moito peso a presenza nas redes sociais. Diseñouse a maiores un programa especifico de actividades pensadas para o confinamento, sobretodo orientada cara os rapaces (o sector educativo), ao que se lle chamou “O museo na casa” (actividades para facer na casa, que se desenvolveron durante unha serie de meses)”.

Cando o museo decide a súa reapertura o 1 de setembro de 2020, e ainda que se falase de nova normalidade, a situación era completamente anómala, e sen ir máis lonxe, as actividades extraescolares estaban totalmente prohibidas. Outra das cousas que cambiou con respecto á situación de completa normalidad foi a de facer visitas guiadas, xa que dependiendo da serie de normativas, - que ían cambiando continuamente - di o director, impedían prácticamente as visitas en grupo. Cabe destacar, que o Museo de Historia Natural está adicado á investigación, sumándose a cualidade de divulgación científica.

O testemuño do director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Santiago Olmo, non difire moito do dos demáis, e alega que “básicamente, á Covid alterou completamente o programa de 2020, de feito gran parte de este programa tivose que reprogramar para 2021, e afectou tamen de moitas maneiras ás actividades presenciais. Durante as diversas etapas tiveronse que eliminar ou reducir ás actividades. Os efectos da Covid foron moi profundos. O feito de non ter esa comunicación tan permanente, fai que teñamos medo de que o público se poida alexar, ainda que moitas das actividades se progaman de maneira dixital. Moitos cursos e obradoiros plantexaronse de forma presencial, por exemplo o Curso de Moda, o Curso de Cinema, o Curso de Arquitectura... Pero hai outras actividades que precisan desa presencialidade, xa que online non funcionan da mesma maneira, e esperamos poder recuperalos cando a situación sanitaria o permita.”

Agora ben, estas tres semanas de peche (polo menos) teñen consecuencias negativas para todos os centros, xa que deben interrumpir o normal funcionamento do establecemento, pero son optimistas e empregan este tempo para montar exposicións, e teñen esperanza nesa reapertura, xa que “cando poidamos abrir, farémolo coas exposicións renovadas” comenta Santiago Olmo.

Con respeto á afluencia de xente, Natalia Fernández afirma que “ademáis do medo ao virus, notamos un desánimo xeral. Non obstante, o público que acude dase de conta que é un lugar seguro, as nosas salas son amplias e as exposicións pódense ver con tranquilidade mantendo a distancia de seguridade”.

Ademáis, Santiago Olmo, sostén que se notou moito a falta de afluencia de turistas, é aclara que “o público que provén do turismo internacional e nacional, que se achega sobretodo no verán non estivo tan presente. É verdade que houbo afluencia de estranxeiros e de nacionales, aínda que non na mesma cantidade. Tamén hai que ter en conta, que durante moito tempo estivo pechada a cafetería e a terraza, e polo tanto eso tamen afectou a circulación das persoas. De feito, a afluencia de usuarios viuse afectada nun 50% aproximadamente nun ano. Estivemos pechado dous meses e medio. O peche rompe co uso habitual dos espazos, das ofertas...”

A maiores, Marcos González coméntanos que “para abrir ó público, tiveron que acondicionar todas as instalacións porque había que acomodarse á normativa da Covid, diseñar unas rutas (para evitar o encontro entre os que entran e os que saen), o uso de hidroxeles, a implantación de mamparas para o persoal, acondicionar todas as dependencias, facer ben a ventilación....”

Unha serie de medias que ademáis “foron económicamente bastante custosas” admite. Asemade, “hai unha redución bastante notable, máis do 90% do que sería a afluencia normal” aclara Marcos González.

Deste modo, todos coinciden en que estes centros son espazos completamente seguros, xa que se tomaron as medidas necesarias e proclaman que seguirán a adaptarse ás normas sanitarias impostas debido á COVID-19, facendo dos museos espazos visitables e seguros.

13 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.