Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Os populares solicitan ao Concello datos sobre o PMUS

Santaigo. No próximo pleno ordinario do Concello de Santiago, que terá lugar no pazo de Raxoi o vindeiro día 22 de decembro de 2021, ás 10.00 horas, o portavoz do Grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, expoñerá unha cuestión ao goberno local sobre a situación na que se atopa o expediente de contratación para a redacción do novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), que ten como obxectivo lograr cambios de mobilidade dos cidadáns cara unha mobilidade máis sustentable a través de medidas adoptadas pola administración local.

Ademáis, desde o Grupo popular tamén pretenden coñecer en que data concreta o Concello ten previsto iniciar a nova licitación correspondente.

A este respecto, desde o Grupo municipal popular solicitan esta información despois de que o procedemento quedara parado no mes de xullo pasado “ao incluír nos pregos unha esixencia que ningunha empresa participante podía cumprir, e despois de que trascurrise máis de un ano para resolver a licitación” para a elaboración do novo Plan de Mobilidade Urbana Sostible, explican.

Sánchez-Brunete subliña que o concelleiro responsable en materia de Tráfico, Gonzalo Muiíños, manifestou que o seu departamento se poñía a traballar para unha nova licitación, que se produciría “máis pronto que tarde”, pero o tempo segue pasando e nada se sabe do estado de tramitación deste Plan. REDACCIÓN

20 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.