Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Os problemas pola reforma do Ceip Vite I poderían ter fin

    Santiago. O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, garantiu no día de onte no Parlamento galego que a Xunta de Galicia procederá á nova licitación das obras da reforma integral do centro de infantil e primaria Vite I en Santiago de Compostela. Según os populares isto se formalizará unha vez se conclúa de forma definitiva a resolución do contrato coa empresa adxudicataria, logo de que renunciara pola imposibilidade de acceso aos materiais necesarios para a construción.

    Ovidio Rodeiro engadiu que “nesta nova licitación se valorará, á vista das conclusións que resulten dos informes técnicos, a construción dunha pasarela ou calquera outra medida que facilite a accesibilidade a este centro de ensino”.

    Ademáis, Rodeiro afirmou que nas obras en Compostela é común que o acceso aos materiais sexa insuficiente. “Esta situación está a ser máis habitual do aconsellable nas obras públicas”, concluiu.

    24 jun 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito