Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Paula Prado reclama o voto compostelán por unha cidade amable

Así o indicou na I Festa Popular celebrada en Santiago polo partido cunha churrascada

Santiago. O PP celebrou onte a súa I Festa Popular en Compostela, reunindo a varios dirixentes do partido para charlar e disfrutar dunha gran churrascada. Durante o festexo, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o candidato á alcaldía de Santiago, Borja Verea, comentaron algunhas das propostas dos populares de cara ás eleccións municipais.

Prado sinalou que “agardamos que o 28 de maio de 2023 a cidadanía vexa un proxecto que pensa nun casco histórico habitable, nas posibilidades para acceder a unha vivenda, no comercio de proximidade e nas familias. Unha cidade amable para vivir nela”.● Pon en valor o traballo do seu partido fronte á “inacción e parálise” na que ten sumida á urbe o Goberno municipal Bugallo.

Celebra que cada día se una máis xente ao proxecto dos populares en Compostela e insiste en que o obxectivo do PP nas vindeiras eleccións municipais é acadar as alcaldías dos 313 concellos de Galicia: “Confío en que unha delas será a que leve a Borja Verea a ser alcalde Santiago”.

Pola súa parte, Verea añadiu que “traballamos para conseguir a maioría absoluta e suficiente que nos permita ter un goberno estable e sólido en Santiago”, di o candidato do PP á alcaldía. Destaca que os populares representan a experiencia: “Queremos cambiar a desgana e a falta de iniciativa por ganas de gañar e por novas enerxías para transformar e modernizar Santiago”.

Apunta que o seu obxectivo é “traballar para os demais, estar ao lado da xente, escoitala e aprender dela para acertar e acadar a confianza dos veciños”. D.Seijas

24 sep 2022 / 21:51
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito