Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Péchase ao tráfico a rúa das Barreiras para o reasfaltado

Santiago. Para a execución do asfaltado da rúa das Barreiras, pecharase ao tráfico esta vía dende a rúa da Estrada ata a rotonda do campo de fútbol de Nosa Señora de Fátima desde o dia de hoxe ata o xoves 2.

O sentido de estendido da mezcla bituminosa será dende a rúa da Estrada cara á rotonda, deste modo non será preciso cortar o tráfico na propia glorieta, só o fluxo pola rúa das Barreiras. Os residentes con destino na rúa da Agra da Garrida poderán entrar pola rúa do Campo do Amo desde a rúa da Estrada. A planificación está supeditada ás condicións meteorolóxicas.O Concello de Santiago prega á cidadanía que desculpe as molestias. ecg

30 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito