Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Peregrinar dous días polo cancro infantil con Asanog

visibilidad. O Camiño dos heroes, proxecto organizado pola Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog) e que forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta, celebrarase esta fin de semana en Compostela, se o tempo o permite. Trátase dunha peregrinación de dous días. O sábado 3 de setembro, cunha primeita etapa: Lavacolla – Monte do Gozo, pernoitando no seu albergue e coa programación de distintas actividades grupais nesta área, aunando sinerxias, compartindo experiencias e promovendo, a través da convivencia, un maior empoderamento entre as familias, e unha segunda o domingo, dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro, co acompañamento dos deportistas galegos Alberto Tubío Ageitos e Alan Davila Torrado. Alí mesmo, ante a Catedral, terá lugar o acto de clausura que contará coa actuación dos artistas galegos Lucía Pérez e Fran Allo, a lectura dun manifesto e a representación dun cordón humano en forma de lazo xunto cunha solta de globos de cor dourada: o lazo dourado é o símbolo que visibiliza as persoas doentes de cancro máis novas de todo o mundo e honra a súa valentía na loita contra a doenza.

A totalidade do percorrido realizarase con persoal voluntario portando disfraces de super heroes e heroínas para acompañar aos verdadeiros heroes e heroínas deste camiño, Con esta iniciativa, Asanog ofrece unha actividade de respiro destinada a familias con crianzas oncolóxicas realizando o percorrido de parte da última etapa do Camiño Francés e incluindo, ademáis, distintas accións de confraternidade e lecer, á vez que terapéuticas e pedagóxicas. t.martin

02 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito