Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 13 abril 2021
02:00
h

Philip West volve a casa

Santiago. Philip West retorna a súa Sala na primeira planta coa exposición Philip West, o Amor e a Muller. Lembrámoslles que Phillip West cedeu boa parte da súa obra así como a súa biblioteca de arte surrealista á Fundación do seu amigo Eugenio Granell pouco antes de morrer sendo aínda un home novo. A Fundación cumpre anualmente co compromiso contraído con este xeneroso artista e amigo.

A Fundación invita a todos os interesados a que se acheguen á exposición o xoves, 8 de abril, de 11.00 a 14.00 h e de 16.00 a 20.00 h, entrada gratuíta. Tamén poden visitar a exposición Parellas do amigo e veciño Xulio Maside nas salas adxacentes. A exposición de Carlos Maside pode verse agora nunha nova sala na Segunda planta. Todo con opción de visita guiada ás bibliotecas da Fundación, entre elas a Biblioteca Granell, así como a súa Área de Conservación e Restauración cos almacéns coas obras das diversas coleccións legadas por Eugenio Granell e a súa esposa, Amparo Segarra. ECG

08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito