Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Piden que os peóns teñan un papel prioritario no Plan de Mobilidade

O BNG reclama que na nova ordenanza de Circulación se recalque a humanización

Santiago. O BNG trasladou achegas á nova ordenanza de Circulación e uso da vía pública, logo de contrastalas con diversos colectivos, coa asociación Composcleta e con persoas expertas en mobilidade que melloran aspectos relativos a “humanización, seguranza e sustentabilidade”. Segundo explicou Goretti Sanmartín, portavoz municipal do Bloque, para avanzar nos criterios relativos á humanización, seguranza e sustentabilidade, que deberan figurar no Plan de Mobilidade, “a mobilidade peonil debe ser prioritaria e todas as normas deben reflectir que a orde de prelación será primeiro o peón, segundo a bicicleta, terceiro o transporte público e, por último, o automóbil privado”.

O documento do BNG recolle tamén que o tráfico motorizado “é o causante de moitos dos problemas e prexuízos no contorno urbano: contaminación atmosférica e acústica, saturación das vías, conxestión do tráfico, imposibilitando moitas veces outros tipos de mobilidade máis amábeis”. “Non se trata de prohibir o tráfico ou o aparcamento senón de regulalo para permitir a conciliación entre os coches, bicicletas, patinetes e os peóns nos espazos comúns”, expón.

Nese sentido, para o BNG, a velocidade de circulación debe ser o suficientemente reducida para garantir a seguranza viaria e a percepción de seguranza de todos os implicados. s. cuiña

08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito