Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Pregón de Luís Celeiro na Festa do Peregrino

Santiago. O xornalista Luís Celeiro Álvarez será o pregoeiro da Festa do Peregrino que se celebra hoxe no concello lucense de Triacastela (Lugo). Veciño da comarca, Celeiro desenvolveu a súa actividade profesional en varios medios de comunicación galegos, pero de modo especial na Universidade de Santiago, como director de Comunicación e como profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación. Celeiro é vicepresidente da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago e Académico Numerario da Academia Xacobea. A vinculación do pregoeiro co Camiño vén de lonxe, pois é autor da biografía de Elías Valiña, publicada en galego, castelán e italiano e foi, xunto co conselleiro Vázquez Portomeñe, promotor do Xacobeo 93, un programa que marcou un antes e un despois na dinámica social, económica e cultural de Galicia, recuperando ao Camiño de Santiago como un dos bens máis prezados e valorados. ECG

18 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.