Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Cun vídeo sobre as ameazas en Galicia para a biodiversidade, o alumnado acadou o primeiro galardón de Climántica, que conta co aval da Unesco

Premio internacional ao Xelmírez I polo seu compromiso ambiental

    Cargando reproductor ...

El impacto de las especies foráneas en Galicia é o título da peza audiovisual elaborada polo alumnado do instituto Xelmírez I, de Santiago, que lle valeu para recibir o primeiro galardón do Certame Climántica. O vídeo mestura a denuncia coa reivindicación dun mellor futuro para Galiza. Faino alertando dos perigos actuais que tanto preocupan ao estudantado, como os cativos e cativas recoñecen ao principio da peza. “Problemas relacionados co efecto invernadoiro e, en consecuencia, co cambio climático”, incídese na peza. Despois de destacar a riqueza dos bosques autóctonos, ofrécese unha detallada explicación de por que a política forestal está a acabar coa riqueza orixinaria do bosque galego, centrando o eucalipto a maior parte das críticas.

O eucalipto é responsable de graves problemas ecolóxicos polo gran consumo de auga, e as súas resinas e alcoholes dificultan a xerminación doutras plantas”, pódese escoitar na peza. Tamén se engade unha completa explicación das condicións que facilitan a propagación dos incendios forestais. Como resultado, obtiveron un relato orixinal, de compromiso e sensibilidade que ademais está ben documentado grazas ao rigoroso traballo de alumnos como Alicia, Carla, Lucía, Martín, Javier e tantos outros que participaron na elaboración da peza.

O evento I Certame Internacional de Curtametraxes, organizado por Climántica, foi patrocinado pola Unesco e contou coa participación de estudantes de oito comunidades autónomas españolas, xunto con outras institucións educativas de Europa, América e África. En total, participaron máis de 1.500 estudantes. Neste certame o IES Arcebispo Xelmírez I resultou entre os 13 finalistas cuxas curtametraxes se proxectaron, se defenderon e foron avaliados ao longo do evento por un xurado presidido por José Antonio Caride, Catedrático de Pedagoxía Social da USC.

Este certame xuntou a celebración dos días mundiais da diversidade cultural e biolóxica, estivo presentado pola enxeñeira aeroespacial Úrsula Martínez, graduada en enxenaría aeroespacial e técnica do equipo de Climántica. Na inauguración oficial interviñeron os reitores das dúas universidades coorganizadoras: Antonio López, da USC, e Paulo Jorge Ferreira, da Universidade de Aveiro; ademais de Alfonso Gentil, director do SEPIE, e Francisco Sóñora, director do Proxecto Climántica, quen salientou a importancia da masiva participación de estudantes de tres continentes e a obtención do aval da Comisión Nacional de Cooperación coa Unesco.

QUE É CLIMÁNTICA? Coa misión de continuar a concienciación climática do alumnado, celebrarase un Campus de Climántica na Universidad de Aveiro en 2022, no que participarán os centros premiados. Climántica é un proxecto de educación ambiental froito do traballo en equipo de diferentes expertos iniciado en setembro de 2006. Dirixido a estudantes de secundaria, presenta os principais problemas ambientais en oito unidades didácticas para as materias de Bioloxía, Física, Química, Xeografía, Historia, Tecnoloxía ou Economía, todo sen perder a perspectiva das consecuencias no clima global.

24 may 2021 / 14:45
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.