Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Premio ‘Mil Primaveras’ ao servizo de Normalización

Santiago. O concelleiro de Políticas Lingüísticas, Rubén Prol, presentou onte a memoria do departamento de Lingua Galega do ano 2020. Un ano condicionado pola pandemia da covid-19 e as medidas sanitarias adoptadas.

Tamén destacou o cambio de localización do departamento, que, igual que o Espazo Apego, se trasladou á rúa da República do Salvador, 12. O ano pasado desenvolvéronse 14 programas, dos que dous, Enreguéifate e Galegoempresas, acaban de ser distinguidos pola Coordinadora de Traballadoras/es de Normalización Lingüística cos premios Mil Primaveras.

Por outra parte, ata o 16 de xuño está aberta a inscrición no programa English Summer School, de conciliación e aprendizaxe, enmarcada en Educa-Concilia, que se desenvolverá entre o 28 de xuño e o 30 de xullo de 2021, con 75 prazas de conciliación, que se suman ás que quedan vacantes nos Centros Socioculturais do Rural e que están sen solicita: catro no CSC de Figueiras, dúas no de Lavacolla, e tres en Villestro. ecg

11 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito