Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Presentadas dúas novas teses sobre astronomía

Santiago. Dúas novas teses sobre o mundo da astronomía nacen coa Universidade de Santiago como centro de estudos. Ambos traballos foron presentados o pasado venres baixo a dirección do profesor e director do Observatorio Ramón María Aller, José Ángel Docobo.

O primeiro dos traballos foi realizado por Luca Picotti, e presentado na Facultade de Matemáticas. Picotti afondou no mundo das estrelas a través dun estudo no que combinou coñecementos de expertos que traballan en España e Italia. Luca é un estudante europeísta italiano, namorado de Santiago e do Camiño, e leva aquí xa seis anos. Un tempo no que realizou o Máster de Astrodinámica, e posteriormente comenzou a súa preparación doutoral.

A segunda das teses presentadas, tamén na facultade de Matemáticas da USC, leva o nome de Carlos Vázquez Monzón, que afonda na detección, dinámica y habitabilidade de exoplanetas e exosatélites. ECG

16 may 2021 / 00:38
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.