Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Programa: concerto de Verto e Boyanka Kostova na praza da Quintana

DÍA DE PADRÓN. Para hoxe hai programadas distintas actividades moi variadas. A primeira serán as tradicionais Alboradas, esta vez a cargo da Asociación Cultural Muiñeiros, a partir das 10.30 horas. Algo máis tarde, a partir das 13.00 horas, terán lugar os actos de conmemoración do Día de Padrón en Santiago, que cada ano se celebran no marco das festas do Apóstolo. Ás 18.00 horas na Alameda terá lugar o espectáculo de circo Etxea da man de Aimar & Cia. Ás 19.00 horas coinciden dous eventos: a película Abominable no ciclo de Cinema no parque, e o V Memorial Antonio Bermúdez no estadio municipal Verónica Boquete. Consistirá nun partido amistoso entre o equipo local, SD Compostela –o organizador–, e o CD Lugo. Ás 21.00 horas Xoán Curiel presenta o seu proxecto Treides Comigo!, no que pon en valor as cantigas medievais. A partir das 22.00 horas emitirase a segunda película do día no parque Eugenio Granell, Ons; e a esa mesma hora terá lugar o prato forte da xornada, a actuación do dúo musical compostelán Verto, protagonistas do renacer da música pop en galego, xunto a Boyanka Kostova, unha parella que fai música trap. O peche da xornada estará a cargo de AldaoLado, que ofrecerá ás 22.30 h un recital en Mazarelos. Iago Salgado

28 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito