Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Queixas da Asociación do Tambre pola presenza de camións mal estacionados

Indican que estes vehículos teñen as súas zonas reservadas para poder aparcar

Santiago. A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) quere chamar a atención sobre a continuada presenza de demasiados camións indebidamente estacionados, tanto no Tambre –particularmente na Vía Edison (principal)– como no polígono de Boisaca, cando estes vehículos teñen as súas propias zonas reservadas para aparcar. A entidade empresarial engade que xa no seu día se emitiu unha recomendación de que os vehículos pesados que fosen estacionar durante varios días, por descanso ou por vacacións, o fixesen mellor na Sionlla, onde polo de agora hai moito espazo libre.

“O problema é que un camión con remolque ocupa seis prazas de turismo, circunstancia que provoca un grave conflito de aparcamento. Mesmo nalgúns casos hai perigo de accidentes, xa que os deixan moi próximos aos portais de entrada, dificultando a visibilidade dos vehículos que saen das naves afectadas. Ademais, o Concello acaba de repintar os viais e reforzar a sinalización das zonas autorizadas de aparcamento de camións, polo que compre facer esta chamada de atención a respectar as normas e evitar sancións indesexadas”, tal como explica a organización empresarial.

A ordenanza de circulación e uso da vía pública do Concello é moi clara sobre este asunto xa que indica que “non se poderán estacionar nas vías públicas os remolques separados do vehículo motor, nin os vehículos de transporte de mercadorías ou viaxeiros, salvo nos espazos establecidos e sinalizados para esta finalidade”. ECG

14 ago 2020 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.