Santiago
+15° C
Actualizado
jueves, 07 julio 2022
00:13
h

Queixas dende o grupo do BNG pola mala situación do Ensanche

Goretti Sanmartín trasladou o Pleno unha moción para a mellora das infraestructuras

    Santiago. Dende o Bloque Nacionalista Galego santiagués afirman que a o Ensanche, e sobre todo despois das usuales noites de verbena, sufre unha obvia falta de limpeza.

    Ademais dos desperfectos habituais causados polo descontrol das jornadas festivas, Goretti Sanmartín, número un do partido no Concello, trasladou o pleno os importantes detrimentos que sufre a capital galega: deterioración de lousas en beirarrúas e na rede viaria, problemas de accesibilidade, barreiras arquitectónicas, pasos de peóns mal pintados, falta de iluminación, colectores de residuos en mal estado, que son, según os nacionalistas, froito da falta de labor de mantemento municipal.

    Non é o único gran inconveniente que sufre a cidade según Sanmartín. A falta de prazas de aparcamento, o elevado prezo dos aparcadoiros privados e o colapso de tráfico a determinadas horas, unido ás beirarrúas estreitas, non favorecen, afirma, “a que sexa un lugar amábel para pasear, nin moito menos”.

    Dende a sede municipal do Bloque Nacionalista Galego trasladaron o pleno a súa preocupación polas vociferacións a noite.:“Tampouco se implicou o Goberno local en buscar unha solución ao grave problema do ruído nocturno, máis alá de dispersar estudantes das rúas ao inicio de curso, cando é un problema persistente que imposibilita a falta de descanso a milleiros de persoas residentes no Ensanche cada semana durante a madrugada, xunto coa sucidade que se atopan en beirarrúas e portais derivada das consecuencias polo consumo excesivo de alcohol”.

    Os nacionalistas afirman que outra grande preocupación é a coordinación horaria do servizo de limpeza, para que cando abran os comercios xa estea todo limpo. “Na actualidade pasan a fregar despois do mediodía”, apuntan. ECG

    24 jun 2022 / 00:00
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito