Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Raxoi aproba un novo Plan de Contratación municipal

Aínda que é un documento programático, contén 150 relacións contractuais por un valor estimado de case setecentos millóns

A Xunta de Goberno Local ten previsto aprobar hoxe o II Plan de contratación para o Concello de Santiago de Compostela. O documento contén un total de 150 contratos por un valor estimado de 683.937.482,12 euros. Esta cantidade inclúe o orzamento total de licitación (sen IVE) xunto coas súas posibles prórrogas e modificación orzamentarias. Non se inclúen os contratos menores, nin a previsión da actividade contractual das entidades públicas instrumentais do Concello de Santiago.

Do anterior plan de contratación, presentado en maio de 2020, executáronse, segundo informou a concelleira de Economía, Marta Abal, 77 contratos dos 113 incluidos, o que supón un 68,14 % de contratos licitados tendo en conta o número total de contratos previstos. Os contratos que no se executaron inclúense no actual plan, que está previsto aprobar hoxe.

O plan, elaborado desde a concellería a de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, recolle as previsións contractuais remitidas polos distintos servizos municipais, dacordo coa información solicitada pola concelleira Marta Abal; incluíndo todos os contratos obxecto de licitación no exercicio 2022, tanto os licitados como os pendentes de licitar.

Trátase dun documento programático e de mera previsión en tanto que recolle datos de carácter estimativos e non vinculantes, e dado o contexto económico actual, é probable que algunhas destas estimacións se vexan reforzadas ou moduladas, para adaptalas ás circunstancias que concorran en cada momento.

Trátase pois dun plan estimativo, podendo licitarse contratacións non incluídas no mesmo e que se consideren necesarias para o cumprimento das atribucións e competencias do Concello, ou non licitarse algunhas das xa reseñadas.

Un dos obxectivos deste plan é “continuar na senda iniciada no ano 2020 relativa á planificación da actividade contractual do Concello, co fin de acadar o obxectivo de que todas as prestacións de carácter recorrente se tramiten mediante procedementos abertos”.

TRASPARENCIA
UN DOS OBXECTIVOS: XERAR EMPREGO DE CALIDADE

··· Este plan de contratación, indicaron dende o goberno local, resulta imprescindible para “manter o obxectivo de racionalizar a prestación dos servizos públicos, unificando prestacións obxecto de contratación para acadar así unha xestión mais eficaz e eficiente dos recursos públicos, e continuar transparentando a actividade contractual do Concello”. Ademais, é clave para “xerar emprego de calidade e atraer investimento para a cidade”.

04 jul 2022 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito