Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Reclaman a protección da antiga canteira de Fecha

moción. O grupo municipal do BNG defenderá no pleno a solicitude dun estudo do hábitat e do patrimonio da contorna da antiga canteira de Fecha, coñecida como as minas da Barquiña, de cara a súa protección ante a preocupación social existente pola posíbel instalación dun vertedoiro de residuos neste emprazamento e o dano ambiental e para a saúde da veciñanza que pode causar a contaminación de acuíferos e mananciais de auga que abastecen a zona, ademais da afectación á flora, fauna e patrimonio. Representantes do BNG como Goretti Sanmartín, Navia Rivas, Luis Bará, Iria Carreira e Xesús Domínguez visitaron a zona acompañados por membros dos colectivos de A Pedra que Fala e da asociación veciñal de Santa Cristina de Fecha co obxectivo de preparar iniciativas, que trasladarán tanto ao Concello como ao Parlamento galego, para solicitar documentación sobre os proxectos previstos neste espazo. Sinalan que “cómpre ter en conta que as consecuencias de instalación dun vertedoiro neste lugar, camuflado como un proxecto de restauración da canteira” como aconteceu co de Miramontes-Grixoa, “poden supoñer risco de contaminación das augas do río Tambre, de acuíferos para traídas e pozos veciñais, destrución de hábitats de interese, polución do aire coa emisión de gases, ruídos e inseguranza derivadas do tránsito de camións”. Ecg

15 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito